Visualizacións de páxina totais

16598

venres, 1 de novembro de 2024

A RODAXE DE MONSEÑOR QUIJOTE NAS REGADAS.


O 21 de Maio de 1985 o equipo de "THAMES television" trasladouse ás Regadas para rodar as escenas onde Don Diego (o señor Antonio o gaiteiro) recibe a monseñor Quixote ( Alec Guinness) e ó alcalde comunista do Toboso ( Leo Mackern).

GRAHAM GREENE, LEO MACKERN E O GAITEIRO.

 As escenas rodadas nas Regadas desenrólanse no camiño que vai da Rampla ó Chandavila e no curral da casa do gaiteiro, onde lles ofrece un xantar na longa mesa de cemento, que se acubilla debaixo da figueira senlleira, nunha escena propia dunha pasaxe bíblica. Nada é casualidade, xa que o diálogo versa ó redor do catolicismo; dos seus ritos, usos e costumes.
Foi o propio Graham Greene o que insistiu en que as escenas foran gravadas nos lugares nos que se inspirou para a novela.
Conta Leopoldo Durán no seu libro "GRAHAM GREENE. Amigo y hermano" que o momento mais feliz da rodaxe para o escritor foi aquel día nas Regadas; na casa e na viña do señor Antonio.

LEOPOLDO DURÁN E ALEC GUINNESS NO CURRAL DO GAITEIRO

Lembro aquel dia solleiro, estaba na rampla agardando a chegada do coche de linea que me levaba hasta o instituto da vila, non paraban de chegar coches que aparcaban na mesma carretera dificultando o tránsito por ela, un trailer levaba varios seat 850 iguais, co tempo o visionar o film decateime que era "rocinante"; o coche que utilizaban os protagonistas para desplazarse, e que tanta importancia tuvo no desenlace final. Conforme iban chegando subian polo camiño que despois de subir unhas escaleiras da o portalon polo que se accede o curral do Gaiteiro, entre eles puden ver o escritor e tamén a Alec Guinnes "Obi-Wan Kenobi" na "Guerra das Galaxias".

ALEC GUINNESS

 
O actor que fixo de señor Antonio ( Don Diego na película) foi Maurice Denham, con gran parecido, tanto no físico como nos xestos  ó gaiteiro.

MAURICE DENHAM

Estiveron todo o día nas Regadas. Polo que cando voltei inda puden ver desde o Chandavila como rodaban algunha das escenas da mesa. A obsesión de querer gravar o son en directo fixo que lle tuveran que pagar o xornal a un home que andaba dando o sulfato, e que o tractor de José estragara unha das escenas, ou que o Villar que daquela estaba a facer a casa de Marisa fora obligado a cambio dunha compensación económica a deixar de traballar.
Como curiosidade decir que os traballadores da productora encargados de dar de comer aos seus compañeiros, sorprendéronse da gran cantidade de caracois que se arrastraban polas hortas, daquela non estaba todo ermo, e decidiron incluilos nun menú que se me antoxa exclusivo "Escargots" magoa que foran sin eles sabelo "escargots au herbicida" polo que anduveron moitos deles mal do vientre uns días, Incluido Alec Ginness, que de seguro sufriu mais por causa dos moluscos Gastrópodos das Regadas que co mesmo Darth vader.
O gaiteiro recibiu 50.000 pesetas da productora, tal como conta Carlos Villar Flor (Viajes con mi cura. 2020).  Leopoldo Durán que fora quen negociara esa cantidade decatouse que era pouco, polo que pediu a Greene que intercedera ante Christopher Neame (o productor) para que lle pagaran máis.

Para saber maís: 
GRAHAM GREENE. Amigo y hermano.( Leopoldo Durán 1996)
Viajes con mi cura.( Carlos Villar Flor 2020)

Ningún comentario:

Publicar un comentario